Galeuropa 2016

Sustinea selecciona a 8 persoas para facer prácticas en Portugal e Italia

Dende Sustinea este ano levaremos a cabo dentro do Programa de Mobilidade Europea “Galeuropa”, convocado pola DXXV, con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil, cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo, un programa de prácticas en Lisboa e Aveiro (Portugal) e Recanati (Italia).

Proxecto Galeuropa 2016

O proxecto Galeuropa Lisboa, Aveiro e Recanati 2016 son un proxecto de mobilidade para a realización de prácticas profesionais en Lisboa, Aveiro e en Recanati, cunha duración de catro meses (xullo-novembro), na que a asociación SUSTINEA cubre tódolos gastos derivados da estadía. Buscamos a 8 persoas con perfil e formación na área medioambiental (prioritariamente), que poderán facer as súas prácticas en entidades acordes ao seu perfil e intereses.
 

Etiquetas: 

Subscribirse a RSS - Galeuropa 2016