hortas ecolóxicas

Xornada de Horta aberta da Alfádega. Benvida!

Onte desfrutamos dunha xornada agradable na Horta da Alfádega, rodeados de compañeiras, xente que achegou a coñecer o proxeto, persoas que queren colaborar e aprender, risas, un día soleado, obradoiros, ioga, etc. Todo para darlle a benvida oficial á Horta da Alfádega.

Agradecemos a todas as persoas que onte se pasaron pola nosa horta a adicarlle un tempiño a coñecela e desfrutala ;). Ver imaxes de onte.

Xornada de "Horta Aberta" inauguración da Horta da Alfádega

En Sustinea estamos de festexos esta fin de semana. Queremos convidarvos este domingo día 11 á Xornada de "Horta Aberta" que faremos como inauguración e benvida da Horta da Alfádega no barrio da Carballeira, na que tamén colabora Servizos Sociais do Concello de Ourense.
 

Un Rural para tod@s xa é realidade

Sustinea continúa co programa Un Rural para tod@s, que financia a Concellería de Benestar Social do Concello de Ourense, onde realizamos formación en agricultura ecolóxica, orientación laboral e dispoñibilización de terreos para persoas con poucos recursos para produción en ecolóxico para autoconsumo ou venda.
 
As destinatarias e destinatarios son persoas empadroadas no Concello de Ourense  e pertencentes a algún colectivo en risco de exclusión social.
 

Subscribirse a RSS - hortas ecolóxicas