Esta Semana Santa tivemos o pracer de compartir inquedanzas con mocidade de Romanía, España e Marrocos a través do Intercambio Xuvenil Internacional “Movilízate”.
A petición dunha profesora comprometida, onte estivemos no Instituto de Secundaria “Universidade Laboral” en Ourense, nunha actividade cuns corenta alumnos de bacharelato para informarlles da problemática que ten a extracción do mineral que se emprega nos aparellos electrónicos (teléfonos móbiles, ordenadores e consolas) e de que podemos facer nós para minimizar este impacto. Unha vez máis, contamos coa valiosa colaboración de Susana R. Fariña, primatóloga ourensá.
Comentarios recentes