xornadas micolóxicas

Novas actividades para o outono!

Xa chegou o outono e con el moitas actividades para desfrutalo!! 

Propoñémosvos xa para comezar esta fin de semana, as II Xornadas Micolóxicas que se farán no Concello de Boborás, con saídas ao monte. 

Programa das V Xornadas Micolóxicas

Como xa é costume por esta época, dende Sustinea convidámosvos a participar con nós nas V Xornadas Micolóxicas.

Este ano temos novidades, por un lado, levaremos a cabo as xornadas micolóxicas os días 8 e 14 de novembro en colaboración co Concello de Pereiro de Aguiar, no Albergue de
Ordelles.

A xornada do día 8 de novembro, estará adicada á saída micolóxica pola parroquia de San Xoán, o concello de Pereiro de Aguiar, este ano da man do noso compañeiro micólogo Martín Souto.

IV Xornada Micolóxica en Pena Corneira

Un ano máis, dende Sustinea convidámosvos a participar na IV Xornada Micolóxica do Monumento Natural de Pena Corneira o sábado 15 de novembro, adicada aos “Hábitats particulares das setas e cogomelos”.
 
Coma tódolos anos, contaremos coa colaboración do experto en micoloxía, Juan José Martínez Álvarez –da Asociación Micolóxica Os Cogordos.
 

Subscribirse a RSS - xornadas micolóxicas