Sustinea TV

Benvidos á canle de Sustinea TV!
Aquí poderedes atopar documentos que son de gran interese para nós. Agardamos que sexan do voso agrado.

Título Sinopse Carátula
Unha Granxa para o Futuro

Trátase dunha historia real, narrada en primeira persoa pola súa realizadora Rebecca Hosking, quen se formula como proxecto de vida o regreso ao seu Devon natal para facerse cargo da vella granxa familiar.

MAN

Animación realizada por Steve Cutts sobre a relación do ser humano coa natureza.

Monográficos de mostreo. Morcegos.

Durante a fin de semana do 8 e 9 de setembro de 2012 celebramos no Monumento Natural de Pena Corneira, o 1º Monográfico de Mostreo de Fauna Salvaxe: Detección e Identificación d

O carro e o home

Documental de Xoaquín Lorenzo (1941) onde se relatan os pasos precisos para a elaboración dun carro. Incrible documento etnográfico sobre as formas de vida na serra abranguida actualmente por o Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés.

Comprar, Tirar, Comprar

Por que os produtos electrónicos duran cada vez menos? Como é posible que en 1911 unha lámpada tivese unha duración certificada de 2500 horas e cen anos despois a súa vida útil se vise reducida á metade? É compatible un sistema de produción infinito nun planeta con recursos limitados?

Os cartos son débeda

Os cartos son débeda é un documental didáctico onde se explica como se crea e funciona o diñeiro, unha vez visionado, un/unha xa pode facerse unha idea de como funciona noso "agradable" mundo financeiro e social.

Páxinas