Inscríbete e desfruta da túa propia aventura en Ribadavia.
O 10 de xullo ás 20h convidámoste.
Trátase dun xogo de rol en vivo no que por grupos formaredes un Comité de nvestigación ás ordes dun Procurador fiscal que investiga a aparición dunha
posible lista con 200 acusacións de herexía xudaizante a membros
da comunidade de Ribadavia.
A vosa misión será a de atopar o listado e descubrir quén é a persoa que asina a lista para saber se os nomes que alí figuran son certos e, de selo, investigar a
esas persoas para expiar a súa falta. No caso de conseguilo haberá que tramitar as primeiras dilixencias para purgar a vila de Ribadavia de herexes.