Educación Ambiental
Tradicionalmente a Educación Ambiental tivo como destinatarios aos nenos e nenas, preparándoos para unha sociedade máis equitativa e ecolóxica, non obstante, a formación de persoas adultas dirixiuse xeralmente a perfeccionar coñecementos que nos seus primeiros anos, non puideron obter, pero raramente a modificar actitudes e pautas de comportamento fortemente arraigadas.
Educación ambiental para adultos/as
Indubidablemente, non son os nenos e as nenas as que toman as decisións máis perxudiciais para o noso medioambiente, pero se lle ensinamos a aprecialo dun xeito sensorial, o futuro será mellor.
Por iso dende Sustinea, vemos decisiva unha Educación Ambiental sobre as persoas adultas, nun contexto de aprendizaxe permanente, xa que somos as auténticas responsables do empobrecemento do campo, e a desaparición dos seus habitantes, a xeración de residuos e a contaminación dos ríos, pola contra, cando os mozos e as mozas tomen as rendas desta sociedade, pouco quedará para conservar.
Terás a oportunidade de contribuír ao traballo diario de organizacións de todo tipo que poden estar relacionadas con case calquera ámbito de intervención social, por exemplo, información e políticas xuvenís, inclusión de persoas con menos oportunidades, medio ambiente, TICs e alfabetización dixital, cultura e creatividade… hai entidades e proxectos para todos os gustos e perfís!
Si estás a terminar os teus estudos universitarios e non sabes que facer despois, ou aínda non os comezaches e queres aprender pola experiencia antes de canalizar a túa vida educativa ou profesional… Se es voluntario ou voluntaria ou o fuches na túa comunidade local e che gustaría vivir unha experiencia similar noutro país… Se tes inquietude social, queres probar cousas novas, es unha persoa decidida, flexible, sen medo ás novas contornas e idiomas e buscando embarcarte nun proxecto vital que pode cambiar a túa forma de pensar e de ver o mundo… o SVE é para ti! A maioría dos mozos e mozas que xa participaron no SVE cualifícano como a mellor experiencia das súas vidas, e repetirían se puidesen.
Programas e proxectos de Educación Ambiental para adultos que levamos a cabo
- Programas ambientais de 1 día e de fin de semana nos Parques Naturais da Baixa Limia- Serra do Xurés, Enciña da Lastra e Invernadoiro e no Monumento Natural de Pena Corneira.
- Programa de Educación Ambiental, Empregabilidade, Desenvolvemento rural: Emprende en Verde, novas oportunidades para a sostibilidade e o emprego, dirixidos aos ciclos formativos.
- Roteiros interpretativos e actividades de divulgación do patrimonio natural, cultural e etnográfico de Galicia.
- Campos de Traballo.
Educación Ambiental para nenos
Cada día é máis importante e decisivo desenvolver o respecto por parte das nenas e nenos cara o medioambiente, fomentando a conciencia ambiental mediante pequenas accións que poidan converterse en hábitos cos que crecerán, deste modo garantimos que as futuras xeracións sexan moito máis equitativas.
As nenas e nenos non só aprenden con palabras e repeticións se non tamén con accións, por iso é importante ensinalas/os a tomar parte activa do coidado do medioambiente mediante a práctica activa.
Por iso o noso proxecto educativo, desenvolve os seguintes programas e actividades:
- Programa de Educación Ambiental sobre o medio forestal galego: Crece coa túa árbore.
- Programa de Educación Ambiental sobre o medio litoral galego: A Costa e ti.
- Programa de Educación Ambiental, Agricultura Ecolóxica e Alimentación Ecolóxica saudable: Ecohortas Escolares.
- Programa de Educación Ambiental, Micoloxía e alternativa para a sostibilidade dos nosos montes: Xardíns Micolóxicos Escolares.
- Programa de Educación Ambiental, Biodiversidade, estudio e conservación: Refuxios para insectos.
- Programa de Educación Ambiental e Expresión Creativa: Reciclarte.
- Asesoramento, deseño e creación de hortas ecolóxicas escolares, xardíns micolóxicos e refuxios para insectos.
- Roteiros interpretativos e actividades de divulgación do patrimonio natural, cultural e etnográfico de Galicia.
- Obradoiros ambientais.