Buscar

Voluntariado Europeo

Sustinea está acreditada como entidade coordinadora, de acollida e de envío do Servizo Voluntario Europeo, programa creado pola Comisión Europea para os mozos e mozas de ata 30 anos.
 
Desde a Área de Voluntariado de Sustinea, apoiamos aos mozos e mozas de 18 a 30 anos que desexen expresar un compromiso persoal a través de actividades de voluntariado a tempo completo noutro país dentro ou fóra das fronteiras da Unión Europea. O Servizo Voluntario Europeo (SVE) ofréceche a oportunidade de vivir unha experiencia educativa e de acción social, dende os 2 ata os 12 meses de forma gratuíta grazas ao programa europeo «ERASMUS + Mocidade en Acción»

Voluntarios con camisetas azules

Qué é o Servizo de Voluntariado Europeo?

O Servizo de Voluntariado Europeo ofrece aos mozos e mozas europeas o coñecemento doutras culturas, contornas e países ademais dunha experiencia de aprendizaxe no ámbito da educación non formal. Grazas ao SVE mellorarás ou obterás competencias para o desenvolvemento persoal, educativo e profesional, grazas ao labor social realizado na entidade que che acolla e o apoio financeiro, loxístico e formativo que ofrece o programa.

Terás a oportunidade de contribuír ao traballo diario de organizacións de todo tipo que poden estar relacionadas con case calquera ámbito de intervención social, por exemplo, información e políticas xuvenís, inclusión de persoas con menos oportunidades, medio ambiente, TICs e alfabetización dixital, cultura e creatividade… hai entidades e proxectos para todos os gustos e perfís!

Si estás a terminar os teus estudos universitarios e non sabes que facer despois, ou aínda non os comezaches e queres aprender pola experiencia antes de canalizar a túa vida educativa ou profesional… Se es voluntario ou voluntaria ou o fuches na túa comunidade local e che gustaría vivir unha experiencia similar noutro país… Se tes inquietude social, queres probar cousas novas, es unha persoa decidida, flexible, sen medo ás novas contornas e idiomas e buscando embarcarte nun proxecto vital que pode cambiar a túa forma de pensar e de ver o mundo… o SVE é para ti! A maioría dos mozos e mozas que xa participaron no SVE cualifícano como a mellor experiencia das súas vidas, e repetirían se puidesen.

Anímaste a participar?

Se es seleccionado/a, gastos de viaxe, a xestión e custos do aloxamento, manutención, seguro sanitario e de accidentes, apoio lingüístico e unha asignación ou cartos de peto están cubertos pola subvención europea.
 
Ponte en contacto con nós e darémosche máis información. Se queres buscar xa, posibles proxectos de voluntariado en Europa, podes facelo na base de datos oficial do programa. Tamén podes indagar noutras webs non oficiais (tamén en inglés) de proxectos como youthnetworks ou Youth for Europe. Se algún proxecto che interesa, ponte en contacto con eles preguntando se teñen aberto o proceso de selección para recibir novos/as voluntarios/as europeos/as.
 
Unha vez atopado un proxecto que che interese e siga acollendo voluntari@s, envíalles (con copia a nós) o teu CV e unha carta de motivación (en inglés) para poder participar na selección.

dos voluntarios europeos

Ten en conta que o Servizo de Voluntariado Europeo non é:

Para máis información sobre os programas, contáctanos e poñerémonos en contacto contigo.