
Oportunidades de mobilidade internacional para a mocidade galega: prácticas no estranxeiro✈️
CONVOCATORIA

Abrimos unha nova convocatoria dirixida a mozos e mozas de Galicia con ganas de vivir unha experiencia internacional e mellorar o seu perfil profesional.
Desde Sustinea, buscamos 5 participantes para realizar prácticas profesionais en Cork (Irlanda) e Lisboa (Portugal), dentro do proxecto “Galicia Moza con ALMA”, promovido pola Xunta de Galicia e cofinanciado pola Unión Europea e o Fondo Social Europeo.
As prácticas adaptaranse ao perfil de cada participante e desenvolveranse nunha empresa ou entidade relacionada coa súa formación ou experiencia.
O programa inclúe:
• Formación previa
• Viaxe de ida e volta
• Aloxamento
• Axuda económica (pocket money)
• Acompañamento durante toda a experiencia
Datas: xullo – outubro de 2026
Destinos: Cork (Irlanda) e Lisboa (Portugal)
Requisitos:
• Ter entre 18 e 30 anos
• Estar empadroado/a en Galicia (mínimo 1 ano)
• Estar inscrito/a no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil en Galicia
• Cumprir polo menos un destes criterios:
– Baixo nivel formativo
– Desemprego de longa duración (mín. 12 meses)
– Residir nun concello rural
– Estar en risco ou situación de exclusión social
Convocatoria aberta do 22 de abril ao 22 de maio 2026.
EDICIÓN 2026
16.09.2026
Coñecemos as nosas participantes! 😊

Raúl, apaixonado da tradución e da comunicación, está a vivir a súa experiencia en Patrick English’s Academy na cidade de Cork. 🇮🇪✨
Entre a atención ao alumnado internacional, a xestión de documentación, a comunicación en inglés e a organización de tarefas administrativas, Raúl está a desenvolver unha gran autonomía profesional e a perfeccionar as súas competencias nun contorno multicultural.
Ademais, tamén participa na creación de materiais e na coordinación do día a día da academia, demostrando que as linguas son moito máis ca unha ferramenta: son unha ponte cara a novas oportunidades. 🚀

Eloy, cunha formación en automatización industrial e desenvolvemento web, actualmente está a realizar as súas prácticas en 365ithub, un cyber café de Cork, onde atende á clientela, ofrece apoio técnico e colabora no mantemento diario dos equipos.
Está a adaptarse moi ben, desenvolvendo novas competencias sociais a través da súa experiencia de prácticas e mellorando o seu nivel de inglés🍀
🎮 E, por suposto, sen esquecer o tempo para unha das súas grandes paixóns: os videoxogos!

Aleixo ten formación en marketing dixital e comunicación e, aínda que esta non é nin moito menos a súa primeira experiencia no estranxeiro, esta aventura está a resultar todo un reto para el. 🌍
Traballa en ProPhotonix, unha empresa en Cork que ofrece un produto moi específico, polo que parte do seu traballo consiste en coñecelo a fondo e comprender todos os seus detalles para desenvolver unha estratexia de marketing para empresas. Aleixo é un exemplo perfecto de que, con un pouco de paciencia, comprensión, capacidade para enxeñarse a vida e, sobre todo, sabendo cando pedir axuda ao equipo de soporte, calquera desafío pode acabar converténdose nunha auténtica aventura. 🚀

Guaire, está a realizar as súas prácticas no Centro de Estudos do Medio Ambiente e do Mar (MARE) de Lisboa. 🔬🌱
Unha experiencia que lle está a permitir coñecer desde dentro o día a día dun centro dedicado ao estudo do medio mariño: recollida de mostras directamente no mar, tríaxes e análise de nutrientes na auga, estudo da materia orgánica, granulometría e filtración. 🌊🧪
E todo isto, ademais, nunha cidade tan estimulante como Lisboa ✨, con unha ampla oferta cultural e múltiples oportunidades para descubrir novos intereses, coñecer xente e vivir novas experiencias.💙

Ana está a realizar un período de prácticas no atelier de moda Kolovrat en Lisboa, onde está a vivir de primera mano o día a día do sector: investigación e deseño de moda, creación de estampados, manipulación téxtil, patronaxe, confección e prototipado, así como comunicación de marca e atención ao público.
Unha oportunidade incrible para poñer en práctica os seus coñecementos, experimentar, aprender novas formas de traballar e descubrir outras perspectivas dentro do mundo da moda. 👗✨
E, por suposto, tamén para medrar a nivel persoal, gañar autonomía e desfrutar da experiencia de vivir e traballar nunha cidade nova! 🌍💫
Unha aventura chea de creatividade, aprendizaxes e novos retos que seguro deixará pegada no seu camiño profesional! 🚀
23.06.2026
Nestes días desenvolverase a formación previa á mobilidade das nosas 5 persoas participantes.
Cada actividade forma parte dun itinerario pensado para que afronten esta experiencia internacional coa mellor preparación posible, tanto a nivel profesional como persoal. Porque unha mobilidade exitosa comeza moito antes da viaxe!

26.05.2026
O 22 de maio rematou oficialmente a fase de selección…e estes son algúns dos perfís das persoas candidatas.
Ideas novas, moita creatividade, ganas de aprender e mil aventuras por diante!


EDICIÓN 2025

✨ As seis participantes do programa Galicia Moza con Alma están a piques de cumprir o seu primeiro mes en Cork e Lisboa ✈️
Nesta experiencia internacional están a aprender, descubrir novas culturas e gañar competencias que lles abrirán portas no futuro
Cada semana compartimos impresións e seguimentos, e vemos como medran tanto a nivel profesional como persoal
E desde hoxe xa volas imos presentar unha a unha, para que as coñezades mellor
Guaire, Macarena e Lía, en Cork, con imaxes dos seus postos de prácticas!

E Adela, Lorena e Carme, con estancia en Lisboa e tamén mostRándonnos a que se dedican!
✍️

APÚNTATE!
Asegúrate de ter todos os requisitos, despois completa o formulario no enlace con toda a información que se che solicita. Poñerémonos en contacto contigo para avalar as oportunidades.
Interésache? Inscríbete aquí:
bit.ly/GaliciaMozaAlma
Proxecto cofinanciado pola Unión Europea e a Xunta de Galicia.
#GaliciaMozaConAlma #Xuventude #Europa #Oportunidades