Buscar

O PROXECTO

Con esta acción buscamos configurar na cidade de Ourense un modelo de habitabilidade no que persoas maiores que vivan soas acedan a compartir a súa vivenda cunha persoa xove.

As bases do proxecto son:

Un acompañamento permanente das persoas participantes con atención personalizada dende o primeiro momento e a promoción e da solidariedade entre xeracións.

Trátase dun modelo convivencial con certa bagaxe noutras comunidades (tanto nacionais como internacionais) que suscita elevado interese dada a posibilidade de dar resposta a dúas problemáticas sociais:

Por un lado, identifícase un elevado índice de soidade non desexada entre as persoas maiores de 60 anos do contexto ourensán.

A falta dunha resposta estandarizada ante isto afecta directamente á calidade de vida destas persoas.

Por outra banda, a xuventude ourensana atopa serias dificultades no aceso a unha vivenda digna con prezos xustos.

Esta situación agrávase ao ter en conta que a meirande parte das persoas estudantes deben desprazarse dos seus lugares de orixe para aceder aos centros de formación.

Dende Sustinea, sensibles ante estas problemáticas, volcamos os nosos esforzos na creación e consolidación dun modelo de convivencias interxeracionais, poñendo o foco na solidariedade e no voluntariado entre xeracións.


FASES DO PROXECTO
DIFUSIÓN E CAPTACIÓNINICIO DAS CONVIVENCIASSEGUIMENTO
Cartelería e publicidadeEntrevistas presenciaisPersoas de referencia
Encontros informativos do proxectoConfiguración das convivenciasChamadas e visitas
Apertura do forms de preinscriciónAcordos de ConvivenciaAcompañamento permanente

Serán tamén organizados encontros e talleres de formación coa finalidade de asegurar convivencias satisfatorias para as participantes


PARTICIPA!

Contacto:

Correo electrónico: xerando.conexió[email protected] // [email protected]

Teléfono: 988 782 964

Dirección: R/Aturuxo, 1 (Baixo), 32002


Coa colaboración de: