Buscar

Erasmus

Apaixónanos brindar oportunidades a mozas e mozos de toda Galicia, España e Europa para que se involucren en actividades de voluntariado significativas e enriquecedoras. Os nosos proxectos ERASMUS están deseñados para fomentar a aprendizaxe intercultural, o crecemento persoal e a acción comunitaria.

Youth Exchange

Os intercambios xuvenís son unha experiencia única onde grupos de mozos de diferentes países se atopan en Vilar de Ordelles (Pereiro de Aguiar, Ourense) para participar nun programa de aprendizaxe non formal. A través dunha variedade de actividades como obradoiros, debates, xogos de rol e actividades ao aire libre, os participantes desenvolven habilidades crave mentres exploran temas como o medio ambiente, a cultura e a sociedade.

European Solidarity Corps (ESC)

Como parte do programa ESC, ofrecemos oportunidades tanto de curta como de longa duración.

Os voluntarios de curta duración participan en proxectos ambientais, etnográficos e sociais en Vilar de Ordelles durante 35 días.

Os voluntarios de longa duración teñen a oportunidade de deseñar e executar proxectos de acción social, educación ambiental e etnografía na cidade de Ourense e a súa provincia durante 9 meses.

Sustinea poder ser a tua organización de orixe

Do mesmo xeito de queres facer estes voluntariados en proxectos de outras zonas, Sustinea pode ser a túa organización de orixe e tramitalo dende aquí colaborando coa mellora de mais zonas do mundo!

Estes programas ofrecen unha experiencia única para desenvolver habilidades, coñecer os idiomas e cultura de Galicia, facer amigos de diferentes países e contribuír ao benestar das comunidades locais.

Se parte do cambio positivo en Europa!