Buscar

Campamentos

Nos nosos campamentos, ofrecemos unha experiencia única onde nenas, nenos, mozas e mozos poden mergullarse na beleza natural de Galicia mentres aprenden sobre a importancia de coidar a nosa contorna. A través de actividades prácticas, obradoiros e excursións guiadas, fomentamos a educación ambiental e a sensibilización sobre os desafíos que enfronta o noso planeta.

Ademais, ofrecemos unha experiencia autenticamente galega, onde os participantes teñen a oportunidade de conectar coa rica tradición cultural e rural desta fermosa terra. Desde aprender sobre a cociña tradicional galega, participar en actividades folclóricas ou visitar lugares históricos, os nosos campamentos ofrecen unha inmersión completa na cultura local.

Campamentos con expertos en educación ambiental

A nosa equipa de monitoras e monitores é persoal experto en educación ambiental e guías locais, están comprometidos en brindar unha experiencia segura, educativa e emocionante para todos os participantes. Con aloxamentos confortables en contornas naturais privilexiadas e unha variedade de actividades deseñadas para espertar a curiosidade e a creatividade, os nosos campamentos son o lugar ideal para que os mozos exploradores desenvolvan unha conexión profunda coa natureza e a cultura galega.

Anímaste a participar?

Unha experiencia inesquecible onde a diversión combínase coa aprendizaxe, a conservación e a cultura. Esperámosvos!

Algúns destes campamentos os realizamos en colaboración con entidades públicas como Concellos, Deputacións ou a Xunta de Galicia

Explora a nosa web para descubrir máis sobre os nosos programas, datas dispoñibles e como inscribirse.