O noso Blog

Nova edición de Galeuropa

A Galeuropa é un Programa de mobilidade transnacional xuvenil, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e Iniciativa de Emprego Xuvenil, coa finalidade da realización de prácticas formativas non retribuídas en empresas/entidades públicas ou privadas de países Europeos e que ten como obxectivo principal reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais da nosa mocidade Galega.
OBXECTIVOS QUE SE PRETENDEN ACADAR:

Proxecto de "Horta ecolóxica para a inclusión"

O Proxecto de "Horta ecolóxica para a inclusión" é un proxecto subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria no que traballamos no Desenvolvemento de programas na
horta ecolóxica para colectivos con diversidade funcional e familias dos mesmos.

VI Xornada Micolóxica no Pereiro de Aguiar

Xa vos podedes inscribir para acompañarnos un ano máis, na VI Xornada Micolóxica que levaremos a cabo o 3 de novembro de 10:00 a 17:00 no Concello do Pereiro de Aguiar
 
Comezaremos a xornada no albergue de Ordelles, cunha charla formativa sobre os cogomelos, para a continuación saír ao monte a aprender a identificar os cogomelos in situ e recollelos.
Xantaremos polo camiño para desfrutar do outono cun bo petisco.

II Quenda Corpo e Mente

Aquí vos deixamos unha imaxes do que foi a 2ª Quenda do Corpo e mente, detro do programa Xuventur que levamos a cabo en Covelo en colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

II Quenda Descobre o Xurés

Repasamos en fotografías a aventura por terra e auga da segunda quenda do Xuventur no Parque Natural Baixa Limia- Serra do Xurés.

Páxinas

Subscribirse a O noso Blog