O noso Blog

Día da Terra na Horta da Alfádega

Comezamos a semana con moita enerxía, recollida onte (22 de abril) na Horta da Alfádega na que tivemos a Festa de primavera para conmemorar o Día da Terra. Un súper día de sol, cun ambiente inmellorable, con biodanza, obradoiro para peques, xantar compartido, e concertiño na horta con hang. Que máis se podía pedir? E enriba rematamos a xornada con auga...xenial para a horta!
Agradecidas a todas as persoas que onte decidiron vir coñecer o proxecto e a desfrutar dun día especial con Sustinea.

Adopta unha árbore

"Este aroma respirar
para mi vida salvar,
por tu olor rosa
daría cualquier cosa,
a tu lado quiero estar
y nunca marchar.
Aún puedo recordar aquella primavera
cuando cada noche era más bella.
El verde de la naturaleza
me recuerda al frescor de tu belleza.
Como los pájaros yo quisiera ser
para su libertad obtener.
Como una mariposa quisiera volar
para los paisajes poder observar"

II Curso Agricultura Ecolóxica

Rematamos unha nova edición do Curso en Agricultura Ecolóxica dentro do noso proxecto Escola da Sostibilidade. Nesta formación mostramos os métodos de cultivo que existen, asociacións e rotacións de cultivos, abonos naturais, tratamentos de pragas e fortalecemento das hortalizas e plantas mediciñais e aromáticas.
A parte práctica fixémola na Horta da Alfádega, onde as participantes puideron levar a cabo todo o aprendido de forma diaria. Dende a construción dos bancais, o cultivo, o acolchado, refuxios de insectos, combinacións de flores polinizadoras na horta, etc.

As plantas medicinais e a tradición popular

Como cada mes coa campaña 1 mes 1 compromiso en colaboración coa La Voz de Galicia. Edición Ourense, adicamos a temática deste mes de abril ao uso das plantas mediciñais coma unha das tradicións populares máis arraigadas na nosa cultura, e como ferramenta para curar as nosas doenzas.

Páxinas

Subscribirse a O noso Blog