O noso Blog

Actividades de promoción do Parque Natural e da Reserva da Biosfera Gerês-Xurés

Mañá estaremos na Porta do Xurés en Calvos de Randín (Santiago de Rubiás) pasando unha boa mañá cos nenos e nenas que se acheguen e desfrutando dos xogos populares e moitas máis actividades para promover a importancia do noso parque natural e da Reserva da Biosfera Gerês-Xurés.

Roteiro Couto Mixto

Este sábado temos roteiro interpretado por unha das zonas máis fermosas da provincia de Ourense e para contar parte da historia descoñecida de Galicia e posiblemente do máis sorprendente que tivemos, O Couto Mixto. Como perdelo!

Roteiro dos Lagares Rupestres de Oímbra

Onte desfrutamos dos lagares rupestres do Concello de Oimbra nun roteiro interpretado. Historia, patrimonio e moitas risas cuns veciños e veciñas moi implicadas na conservación e difusión dos seus recursos. O 19 de agosto máis e mellor.

Encantadas coa 2ª Noada!

Contentas de ver como cada mes as Noadas van crecendo. Onte un grupo de 8 mulleres estivemos traballando polo cambio. Polo noso cambio que ten que vir dende adentro. Por iso como cada mes, traballamos en conxunto, por y para todas.

Campamento de Sustinea en Porto do Son

"Descubre a costa connosco" agarda por ti este verán nunhas instalacións ao pé do MAR para darlle a oportunidade ás nenas e nenos de pasar 6 días con actividades lúdicas e educativas nun contexto tan fermoso como a praia de Aguieira en Porto do Son.     
O campamento levarase a cabo do 17 ao 22 de xullo nas Instalacións Virxe de Loreto - Porto do Son.

Páxinas

Subscribirse a O noso Blog