Campaña “Unha foto de inverno, unha sombra no verán”

Participa con nós na campaña “Unha foto de inverno, unha sombra no verán”. Trátase dunha campaña bilateral entre Sustinea (Galiza) e o proxecto “Milene Matos- BIO somos Todos” (Portugal), que pretende conciliar Medioambiente, fotografía da natureza e redes sociais.

 

A campaña ten como obxectivo principal é a rexeneración dun dos montes queimados na cidade de Ourense. Para isto, mediante un proceso de participación nas redes sociais, plantaremos 1 árbore autóctona por cada fotografía de natureza de inverno que subades ao noso facebook (consultar as bases). Do mesmo xeito, en Portugal, prantaránse 1 árbore autóctona por cada 10 fotografías que se suban no noso muro.

 

Para este proxecto recolectaremos as sementes das árbores autóctonas, coa colaboración de persoas reclusas do Centro Penitenciario Pereiro de Aguiar e a Asociación para a Prevención da Exclusión Social (APES), mediante o voluntariado ambiental que levaremos a cabo neste outono.

 

Bases:

Quen pode participar?

A iniciativa é aberta ao público xeral, que queira colaborar coa rexeneración dos montes.

Como participar?

1- Tirar unha foto coas cores das estacións frías (outono e inverno)

2- Compartila na páxina do Facebook de Sustinea, co nome do lugar onde foi tirada a foto e etiquetar ás persoas coas que che gustaría estar alí ou, ás que lles adiques esta foto.

Por cada foto partillada no Facebook de Sustinea lembra, que será plantada unha árbore na Galiza, e por cada 10 fotos será plantada 1 árbore en Portugal.

 

Data límite de publicación de fotos: 29 febreiro de 2016

 

Agardamos ver as vosas fotiños de inverno no noso facebook

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.