
O Campo de Traballo "Muíños da Torrente" no Parque Natural Baixa Limia- Serra do Xurés ven de recibir ás participantes recén chegadas de Turquía, Rusia, Italia e España; un total de 20 persoas colaborarán connosco durante 12 días no Campo de Traballo Internacional en Muíños.
Ademáis das tarefas de acondicionamento do camiño que une os muíños que lle dan nome ao propio lugar, realizaranse actividades culturais, educativas e lúdicas, sémpre empregando como fondo o desfrute e coidado da natureza para conseguir a sensibilización ambiental tan desexada.
A Consellería de Medio Ambiente promoveu o contrato de Servizo para o deseño e organización dun Campo de Traballo de carácter ambiental no Parque Natural Baixa Limia- Serra do Xurés denominado Muíños da Torrente cofinanciado nun 80% pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa FEDER Galicia2014-2020.
Engadir un novo comentario