Catálogo Galego de Árbores Senlleiras

 
O  Catálogo galego de árbores senlleiras fórmao as árbores ou as formacións de calquera especie, tanto autóctona como foránea, situadas en terreos de propiedade pública ou privada, que sexan merecedoras de medidas específicas de protección en atención ás excepcionais características do seu porte, dendrometría, idade, rareza, significación histórica ou cultural, interese científico, educativo, estético, paisaxístico ou calquera outra circunstancia que as faga merecedoras dunha especial protección.
O  Catálogo galego de árbores senlleiras regúlase a través do Decreto 67/2007, do 22 de marzo. Este Decreto pretende establecer o réxime xurídico básico para as árbores que se inclúan no dito catálogo, coa finalidade de protexelas de posibles riscos e ameazas, garantindo así a súa conservación