Celebración da Semana do Medioambiente

Durante toda esta semana, dende Sustinea en colaboración co Concello de Ourense, co motivo do Día Mundial do Medioambiente o 5 de xuño, estaremos realizando obradoiros infantís do Re-fogar, unha serie de obradoiros de reutilización, reducción, reciclaxe e recuperación de obxectos cotiás para convertilos en obxectos de xogo, fomentando a súa vez, nos/as máis cativos/as do concello, o interese por actividades de ocio saudables ao aire libre.
Os lugares dos obradoiros son:
 

  • Luns 3 xuño, ás 18:30 no Xardín do Posío
  • Martes 4 xuño, ás 18:30 en Angelita Paradela
  • Xoves 6 xuño, ás 18:30 no Parque Diego González Blanco

 
Ademais, o mércores ás 18:30, estaremos cun obradoiro de Horticultura Urbana Creativa en balcóns e terrazas, utilizando materiais de refugallo, que realizaremos na Rúa do Paseo, dentro da Feira que instala o Concello de Ourense.