Celebrado o Encontro “Sementando para o Cambio”

Os días 27, 28 e 29 de setembro, levamos a cabo o Encontro “Sementando para o Cambio”, organizado dende Sustinea, que se levou a cabo no Complexo do Corgo en Muíños (Ourense), onde participamos un total de 50 persoas educadoras, monitoras, técnicas, expertas e voluntarias do ámbito da comunicación e da educación ambiental, provintes de Italia, Francia, Portugal, España e Galicia.

Este encontro compúxose de dous eventos:

    I Seminario Europeo de Educación e Comunicación para o Desenvolvemento Sostible, enmarcado dentro do Programa Juventud en Acción.

    Xornadas Innova na Educación Ambiental enmarcado dentro do Iniciativa Xove da Xunta de Galicia.

Podemos decir que o enriquecedor deste encontro, foron os momentos de intercambio de experiencias e a reflexión conxunta, o fomento e a creación dunha rede de colectivos que articulará e fará posible unha política de educación ambiental integradora, da que establecimos unha metodoloxía coa que traballaremos en rede as asocacións participantes a partir de agora. Tamén diseñamos a plataforma web según as nosas necesidades conxuntas, que nos permitira estar en contacto permanente e facilitar o traballo continuo.

Mencionar un dos puntos máis salinetables destes 3 días de traballo intenso, que foi a creación e proposta de adhesión ao World Environmental Education Network (WEEN), como rede europea de proxectos e accions no campo da educación ambiental e o desenvolvemento sostible.

Manterémosvos informadas/os desta nova rede europea e da nova plataforma web que está a piques de ser rematada.