Clausurados os I Monográficos da Fauna Salvaxe de Pena Corneira

 
Quedan clausurados os I Monográficos de Fauna Salvaxe do Monumento Natural de Pena Corneira co desenvolvemento nesta fin de semana, da última actividade deste primeiro ciclo: Estudio de Anfibios e Réptis de Galicia. Bioloxía e Conservación, onde contamos coa colaboración de Martiño Cabana da entidade Saramaganta Custodia do Territorio.
 
Durante esta fin de semana centrámonos no coñecemento e divulgación da fauna local de anfibios e reptis desta parte da Serra de Pena Corneira, unha das áeras herpetodiversas da comarca do Ribeiro- Carballiño, que conta con 21 especies, das cales puidemos observar durante estes dous días 12 delas.
 
Esta actividade permitiunos coñecer a bioloxía, a diversidade, a situación e a distribución dos anfibios e reptis da Serra.
 
Para todas aquelas persoas que non puideron asistir por falta de prazas, dispoñibilizaremos novas prazas para as seguintes convocatorias, dándolle prioridade á xente que quedou fóra.