Conclúen as II Xornadas Micolóxicas de Pena Corneira

 
Durante os días 24 e 25 de novembro celebramos as II Xornadas Micolóxicas de Pena Corneira, onde participaron un total de 35 persoas nas dúas actividades programadas: Obradoiro de Fotografía Outonal e a actividade máis esperada da tempada, a Saída Micolóxica.

 
Para estas actividades contamos coa colaboración de Héctor Guzman da Asociación Fotográfica Os Potiños e Juan José Martínez Álvarez da Asociación Micolóxica Os Cogordos. Da súa man as persoas participantes puideron coñecer a paisaxe outonal e a diversidade micolóxica do Monumento Natural de Pena Corneira.
 
Deixamosvos na zona de Galería unha pequena mostra do que foron as xornadas.