Congreso Internacional da Xuventude

Durante os días 25 e 26 de outubro, dende Sustinea estivemos participando no Congreso Internacional de Xuventude, que organizou esta fin de semana a Consellería de Traballo e Benestar en Ribeira, no que tomamos parte máis de 500 persoas.
 
O Congreso contou co obxectivo de explorar as posibilidades que ofrece a educación non formal, á hora de adquirir coñecementos, habilidades e aptitudes que aumenten as posibilidades de empregabilidade dos mozos e mozas, rematando cunha aposta polo desenvolvemento dun modelo educativo para o emprendemento, tema co que estivemos traballando durante eses dous días.
 
Dende Sustinea, participamos mostrando o noso labor nestes dous anos de vida, un traballo firme e comprometido, no que destacamos a importancia do traballo en rede e da motivación polo mesmo, como factor clave para acadar os obxectivos.
 
Aquí vos deixamos unha pequena mostra.

Etiquetas: 

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.