Continuamos co programa Rural para Tod@s

Sustinea continúa, en colaboración coa Concellería de Benestar Social do Concello de Ourense, co programa un Rural para tod@s onde realizamos formación en agricultura ecolóxica, orientación laboral e dispoñibilización de terreos para persoas con poucos recursos para produción en ecolóxico para autoconsumo ou venda.

As destinatarias e destinatarios son persoas empadroadas no Concello de Ourense  e pertencentes a algún colectivo en risco de exclusión social.

A formación de 50 horas é completamente gratuita programa e será impartida por Andrés Castro (experto en Agricultura Ecolóxica) do 9 ao 19 de decembro no Centro Cívico da Ponte de 9h a 14h. Consultar o programa aquí.

O programa un Rural para Tod@s complétase con asesoramento na creación de pequenas explotacións agrarias e na saida de produtos agroecolóxicos. Finalmente estableceremos un pequeno banco de terras onde poidamos dispoñibilizar terreos aos participantes, localizados na cidade de Ourense, para que poidan producir para autoconsumo ou venda dos seus propios produtos.

Formulario de inscrición

Para máis información:
    info@sustinea.org
    988.782.964
    R/ As Caldas 8 Entr. dereita. Ourense

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.