
Sustinea, dentro do proxecto que levamos a cabo na Horta da Alfádega "Escola para a Sostibilidade", queremos presentarvos o novo curso teórico-práctico "Remedios naturais con plantas para curar plantas", que será impartido o próximo 19 de maio, co obxectivo de que as persoas participantes coñezan as diferentes pragas e enfermidades máis comúns do xardín e a horta, saber os seus síntomas para identificalas correctamente e as formas naturais de combatelas, para seleccionar aquela solución máis acorde á patoloxía sufrida.
O curso está composto tanto de parte teórica, como práctica na Horta da Alfádega, cunha duración de 8h (10-14:00h/15:30-19:30), e é APTO A TODO O PÚBLICO EN XERAL.
Para inscribirse é preciso realizar unha aportación de 25 euros e cubrir o seguinte formulario: https://goo.gl/forms/71ritQzYxVpmV8sW2
O curso será impartido pola nosa compañeira, labrega e especialista en Horticultura e Agricultura Ecolóxica - Raquel Cid.
Finalizado o curso de formación, serán entregados os certificados de asitencia a todas as persoas participantes.
Para máis información ou inscrición: 988 782 964 ou en info@sustinea.org
Como chegar? https://goo.gl/maps/25Zw4q2hkB62
Engadir un novo comentario