I Monográficos de mostreo. Detección e Identificación de Morcegos mediante sondeos acústicos e estacións de captura.

8-9 Setembro

Detección e Identificación de Morcegos mediante sondeos acústicos e estacións de captura.
Guiado por Sorex Ecoloxía e Medioambiente s.l

Contidos dos Monográficos
• Saídas nocturnas
• Roteiros prácticos de identificación
• Obradoiros
• Usos de Novas tecnoloxías aplicadas ao estudo da fauna
• Inventario de fauna do Monumento Natural de Pena Corneira
• Técnicas de achegamento, conducta no rastrexo e observación da fauna
• Lectura dos rastros, interpretación de indicios e análise das escenas.

Nestas xornadas daremos a coñecer de xeito práctico a actividade dos animais no seu propio medio á vez que aprendemos a observar con detemento escenarios, restos e indicios que deixan ao seu paso, aportando toda a información precisa para coñecer máis sobre a súa bioloxía e conservación.

Ademais ofertamos para o sábado pola noite, unha saída nocturna, a realización dun transecto para a identificación de carnívoros, anfibios, e morcegos, tanto visualmente coma por sinais indirectos (cantos).

PRAZAS LIMITADAS!!
Aloxamento e manutención incluídas
Prezo: Esta actividade é gratuíta, aínda que poderedes apoiar e colaborar a actividade de Sustinea facendo un donativo.
Información e reservas:
info@sustinea.org
Tfno: 677 163 387

sábado, 8 Setembro, 2012 - 17:00 to domingo, 9 Setembro, 2012 - 14:00

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.