Dende Sustinea convidámosvos a participar nas II Xornadas Micolóxicas de Pena Corneira.
Sábado 24 de Novembro
Obradorio de fotografía outonal, onde poderas aprender o manexo da túa propia cámara de fotos, calquera que sexa, nun entorno outonal cheo de vida, cores e paisaxes coma é o Monumento Natural de Pena Corneira.
Contaremos coa colaboración da Asociación Fotográfica Os Potiños.
Domingo 25 de Novembro
Saída Micolóxica. Conceptos básicos sobre a micoloxía. Identificación de especies. Consellos e normas de recollida. Setas comestibles e velenosas. Exposición dos fungos recollidos.
Contaremos un ano máis coa colaboración do experto en micoloxía, Juan José Martínez Álvarez –da Asociación Micolóxica Os Cogordos.
Ademais durante as xornadas, trataremos un tema fundamental: a importancia da conservación dos fungos e os seus hábitats.
Convidamos a todas as persoas aficionados/as ou que se queiran iniciar na micoloxía a participar nunha das actividades máis prácticadas nesta época, e a desfrutar duns días outonais polo marabilloso Monumento Natural de Pena Corneira.
PRAZAS LIMITADAS!!
· Prezo das xornadas: 12 €
· Data límite de inscrición ata o 22 de novembro
II Xornadas Micolóxicas de Pena Corneira
sábado, 24 Novembro, 2012 - 16:00 to domingo, 25 Novembro, 2012 - 19:00
Comentarios recentes