III NOADAS: Encontros vivenciais e creativos de/para/entre mulleres

Xa chega a 3ª Noada, o encontro mensual vivencial e creativo de/para/entre mulleres que levamos a cabo na cidade de Ourense.
 
Nesta ocasión festexaremos o Lammas ou Lughnassadh, a festa celta da primeira colleita, e a festa do pan. Está adicada ao deus celta Lugh, o poeta, identificado co Sol e con Mercurio.
 
A inicios de Agosto, coa chegada da festividade da primeira colleita ou Lammas, celebramos no hemisferio Norte, que a fértil Pachamama atópase en plena abundancia, derramando sobre a Terra e sobre todos nós as súas prosperas bendicións. O gran e os froitos da terra están listos para comezar coa súa recolección, por iso Lammas, considérase o primeiro festival da colleita. É época de celebrar os agasallos que a Nai Terra pon á nosa disposición, a recollida dos froitos, a xenerosidade da Natureza e a boa marcha das colleitas. É tempo de celebrar o Don da Abundancia. Lammas é un bo momento para meditar, repasar e tomar conciencia sobre como foi nosa propia colleita. É tempo de agradecer por todo o que nos foi outorgado. É tempo de celebrar e gozar do resultado do noso traballo diario. É tempo de reconectarnos coa Terra e de lembrar que non estamos soas e que necesitamos sentirnos pertencentes á nosa comunidade, á Terra, á UNIDADE.
 

Falaremos en profundidade sobre a roda do ano celta e o o Lammas ou Lughnassadh, e a importancia de retornar a esta conciencia de ritmo cíclico externo que nos conecta coa nosa ciclicidade. Tamén traballaremos de xeito práctico cunha dinámica para conectar coa enerxía deste sabbat dentro de nos.
 
A 3ª Noada será o 9 de agosto ás 19:30 horas. Máximo 15 persoas.

Para inscribirse é preciso enviar un email a info@sustinea.org ou chamar ao 988 782 964.
 
A aportación será de 18 euros cada Noada.
 
Únete connosco a compartir esta fermosa aprendizaxe. Agardámoste!

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.