Mercado DO TROCO

O sábado 10 de Decembro imos estar na Rúa do Paseo para darlle unha segunda vida a todos aqueles obxectos que nos deixaron de ser útiles pero que, estando en bo estado, pensamos QUE OUTRA PERSOA PODE FACER BO USO DELES.

O Mercado DO TROCO vai estar na Rúa do Paseo de 10:30 a 14:30. Como funciona? traes UN obxecto e trócalo por outro; se nese momento non hai nada que che faga falla, dámoste un vale para que volvas pasar ao longo da mañá cando vaiamos tendo máis cousas.
O obxectivo deste Mercado é invitar á reflexión da cidadanía sobre o excesivo consumo destas datas e promover unha actitude solidaria e respectuosa co medio, ofrecendo agasallos cun valor real e non só económico onde o invistemento sexa o noso tempo, a nosa imaxinación ou a ilusión posta naquelo que consideramos o NOSO AGASALLO. Para a visualización do Mercado DO TROCO e a acción de sensibilización imos contar coa Asociación Xuvenil AMENCER, que levará a cabo unha divertida dinámica para achegar aos ourensáns o compromiso dun consumo responsable.
Agardámoste!

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.