A mocidade de Ourense coa campaña “A caza da cabicha”

O venres 29 de setembro quedamos ás 11h na  Subdelegación do Goberno, onde comezará o acto reivindicativo da mocidade, esixindo unha  cidade limpa de cabichas.

Os centros educativos que se sumaron á campaña xa están traballando sobre as posibles solucións a dita problemática e sobre as respostas que nos dan as fumadoras  para xustificar os seus malos hábitos, buscando sémpre escusas para non actuar correctamente: “non hai cinseiros  suficientes na rúa”, “así quitámoslle traballo aos barrendeiros”..., non admitindo nunca a nosa  responsabilidade sobre o lixo que xeramos.

O obxectivo é comezar a ser críticos cun xesto hoxe xa normalizado como é tirar a cabicha ao chan e  propor solucións encamiñadas á redución das mesmas na cidade. Durante as xornadas que durou a  camapaña informouse aos cidadáns dos problemas que pode xerar iste hábiton nos espazos naturais,  parques infantís,.... xa que ademais de enfear a nosa cidade e provocar un dano ambiental, tamén son unha  mostra da falta de amor polo propio, a nosa cidade que é, ao fin e o cabo, o noso hábitat.

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.