
Dende Sustinea estamos orgullosas de presentarvos un proxecto no que levamos tempo traballando e que sabemos será moi enriquecedor en moitos sentidos. Son as Noadas, encontros vivenciais e creativos de/para/entre mulleres que levaremos a cabo na cidade de Ourense unha vez ao mes.
Un tempo para nós, as mulleres, co común que nos une, coa multiplicidade que nos diferencia e identifícanos como seres únicos. Un espazo para aprender sobre a psicoloxía feminina, de crecemento persoal, que nos permite despregar recursos, optimizar as nosas potencialidades, intercambiar experiencias, desenvolver a creatividade, ampliar as nosas redes sociais, descubrirnos, explorar, recoñecernos e sanar. Un espazo para contactar coa nosa vida máis intuitiva e coa nosa sabiduría.
Lembrando o movemento entorno ao 8 de marzo deste ano, e baixo o lema "Querémonos libres, escoitadas, fortes, respectadas e xuntas" que nos grabamos na mente, propómosvos estes encontros vivenciais e creativos.
Estamos seguras de que cando un número decisivo de persoas transforme a súa actitude ou comportamento, a cultura na súa totalidade tamén se transformará e comezará unha nova era. Desta forma convidamos ás mulleres para tomar parte neste cambio de era que estamos a vivir e achegar coa nosa sabedoría e as nosas virtudes intimamente femininas á transformación da humanidade.
Cada Noada será tematizada, coa visita dunha experta en cada materia a traballar: xinecoloxía natural, fertilidade consciente, sexualidade, relacións, círculo de palabra, meditacións activas, xogos psicodramáticos, círculo de voces, dinámicas de sanación e intención, etc.
A 1ª Noada será o 28 de xuño ás 19:30 horas. Máximo 15 persoas.
A temática escollida para este primeiro encontro será a Introdución á ciclicidade e a Reconexión co útero.
Para inscribirse é preciso enviar un email a info@sustinea.org ou chamar ao 988 782 964.
A aportación será de 18 euros cada Noada.
Únete connosco a compartir esta fermosa aprendizaxe. Agardámoste!
Engadir un novo comentario