
Onte a Capitana Gaia andaba polo Barbaña na busca de personiñas amantes do medio natural, responsables e con coraxe para enfrontarse aos problemas ambientais actuais. O Clube dos Coidadores do Planeta foi quen de rescatar os catro elementos da natureza, e de aí o compromiso que dende onte teñen de protexela :)
Foi unha actividade de sensibilización ambiental que buscaba incomodar aos rapaces e rapazas cos actos ambientais irresponsables e, diste xeito, despertar neles a necesidade de coidar o noso medio, o ambiente.
Engadir un novo comentario