
O venres 29 de maio tivemos a visita no Parque Natural do Xurés e na aldea de Puxedo a 68 nenos/as do CEIP Castrelo do Val, co noso programa para escolares "@s Gardiáns do Parque Natural".
Ao longo da xornada os/as participantes coñeceron de xeito lúdico os aspectos máis relevantes do Parque Natural: a paisaxe, as especies de flora e fauna, a arquitectura tradicional, as costumes, os oficios..., en contraste cos do medio en que habitualmente viven, coñecendo ao mesmo tempo as alternativas para vivir dun xeito máis sostible sen renunciar aos niveis de benestar acadados ata o de agora.
Desfrutaron da aldea de Salgueiro situada en pleno corazón da Reserva da Biosfera, coñecendo o funcionamento do forno, o muíño, as construcións tradicionais, e as costumes dunha aldea de carboeiros. Descubriron a flora e a fauna do Xurés, cun roteiro interpretativo polo parque Natural. Os/as máis cativos/as, visitaron e pasaron unha maña chea de xogos ambientais no pobo de Puxedo, coñecendo o pobo restaurado polo/as veciños/as, xogando nas eiras e elaborando pan, empanadas e bicas no forno comunal.
Coa colaboración dos compañeiros do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre do Rodicio, rematamos a tarde con 3 grandes amigos: o moucho real (Bubo bubo), a águia cobreira (Circaetus gallicus) e o pequeno tordo (Turdus philomelos), onde os/as nenos/as coñeceron a biloxía e o comportamento das 3 especies e a posta en liberdade das mesmas.
Podedes ver as imaxes na galería fotográfica.
Estamos seguras/os de que estes pequenos/as compañeiros de Castrelo do Val, serán futuros/as Gardiáns do Parque Natural.
Ata pronto pequenos/as amigos/as!
Comentarios recentes