Obradoiro de cociña e alimentación consciente e sustentable

Este mércores, 6 de abril estivemos co Obradoiro de cociña e alimentación consciente e sustentable das Xornadas de Agroecoloxía de Ourense.

Foi un obradoiro práctico onde ademais de elaborar diferentes pratos, dimos a coñecer a importancia da súa elaboración, a adecuada combinación de alimentos naturais, locais e de tempada e como actúan no noso corpo. E sobretodo falamos da importancia de ter consciencia plena, sobretodo á hora de alimentarnos, para escoitar ao noso corpo e poder alimentarnos dunha forma ou outra.

Unha vez elaborados os pratos, pasamos á parte máis divertida: a degustación. Crema verde de fiuncho, maza e albahaca; Queixos crema veganos de améndoas e pipas de xirasol; rollitos de quinoa e verduras; hamburguesa de mijo con crudites; leite vexetal de améndoas... en definitiva todo estaba delicioso!!

Unha tarde divertida, tranquila e nun bo ambiente, na que tamén tivemos a oportunidade de coñecer novas persoas que transmiten moi bo rollo.

Aquí tedes unha pequena mostra fotográfica.

Agardámosvos nas seguintes!