Obradoiro de cociña e alimentación consciente e sustentable

Este mércores 6 de abril estivemos co Obradoiro de cociña e alimentación consciente e sustentable das Xornadas de Agroecoloxía de Ourense.
 
Foi un obradoiro práctico onde ademais de elaborar diferentes pratos, dimos a coñecer a importancia da súa elaboración, a adecuada combinación de alimentos naturais, locais e de tempada e como actúan no noso corpo. E sobretodo falamos da importancia de ter consciencia plena, sobretodo á hora de alimentarnos, para escoitar ao noso corpo e poder alimentarnos dunha forma ou outra.
 
Unha vez elaborados os pratos, pasamos á parte máis divertida: a degustación. Crema verde de fiuncho, maza e albahaca; queixos crema veganos de améndoas e pipas de xirasol; rollitos de quinoa e verduras; hamburguesa de mijo con crudites; leite vexetal de améndoas... en definitiva todo estaba delicioso!!
 
Unha tarde divertida, tranquila e nun bo ambiente, na que tamén tivemos a oportunidade de coñecer novas persoas que transmiten moi bo rollo.
 
Aquí tedes unha pequena mostra fotográfica.
 
Agardámosvos nas seguintes! 

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.