Obradoiro Familiar de Cociña Consciente Especial Nadal

Rico, rico e saudable, foi o Obradoiro Familiar de Cociña Consciente Especial Nadal, que levamos a cabo este sábado 19 de decembro, dentro do programa Actividades en Familia.
 

O obxectivo deste obradoiro de cociña consciente para o nadal, foi dar a coñecer unha nova cociña creativa, saudable e diferente para estas festas. Un obradoiro práctico, ideal para innovar na cociña, e sorprender aos nosos convidados cunha cea alternativa e saudable.
 
Con este obradoiro, quixemos poñer en valor o uso de ingredientes saudables e nutritivos, na preparación de receitas vistosas e moi saborosas, ideais para este nadal.
 
Fixemos uns petiscos moi sans e festivos, con novos sabores, coloridos e frescos, utilizando produtos locais e de tempada, coma mazapáns, turróns, galletas crocantes, patés vexetais, crackers, bombóns veganos, etc.
 
Ademais, neste obradoiro participaron nenos e nenas marabillosos, que cociñaron coma auténticos/as cociñeiros/as profesionais.
 
 
Ao rematar o obradoiro, charlamos e desfrutamos dun momento delicioso, probando todas as recetitas elaboradas. Os/as maís peques, tamén tiveron a oportunidade de xogar a unha descuberta do tesouro dos alimentos, coñecendo cada un deles, a súa procedencia e como utilizalos.
 
Agardamos poñades en práctica estas receitas e sexades uns martabillosos anfitrións.
 
Agradecemos a Asociación de Veciñas e veciños Carlasca da Carballeira, por colaborar con nós neste proxecto cedéndonos o seu local, grazas!
 
Coma sempre, aquí vos deixamos unha mostra fotográfica da delciciosa xornada
 
Feliz nadal!

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.