Obradoiros de receitas naturais en Pereiro de Aguiar

Este mes de maio vén cargado de receitas saudables e saborosas!

Organizados polo Concello do Pereiro de Aguiar e impartidos por Sustinea:
-Comezaremos este sábado 19, de 10:30 a 13:30 h, co "Obradoiro de doces e xeados naturais", no que non empregaremos ingredientes procesados nin de orixe animal. Inscrición: 10 euros.
-O 26 de maio, sábado, de 10:30 a 13:30 h seguiremos co "Obradoiro de cociña biosaudable de primavera e verán", sen azucre, sen glute e sen leite! Inscrición: 10 euros

Ambos cursos no Albergue de Ordelles, Concello do Pereiro de Aguiar.

Como chegar ao Albergue de Ordelles?
Agardámosvos!

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.