Os Centros Educativos coñecen o patrimonio do Río Miño

Continuamos coas visitas aos Centros Educativos da provincia de Ourense, para difundir o patrimonio do Río Miño ao seu paso pola nosa provincia. Estas visitas están dentro do programa de Educación Ambiental "O Río Miño e ti", no que colabora a Deputación de Ourense.
 
Este programa basease en saídas educativas ao entorno do Río Miño, onde os/as participantes coñeceran de forma lúdica, os recursos naturais, culturais, antigos oficios vencellados ao río, tradicións, lendas, etc.
 
Se estades interesadas/os, en que nos acheguemos ao voso Centro Educativo, podedes poñervos en contacto con nós en info@sustinea.org ou no 988 782 964.