Quen somos?

Somos unha asociación non lucrativa que fixa o Desenvolvemento Sostible como alternativa á degradación natural e como saída ás necesidades locais.

Esta iniciativa xurde de diversas persoas relacionadas co sector medioambiental, que preocupadas pola súa situación queren afrontar os seus problemas aportando experiencia e coñecementos técnicos.

Os nosos fins son o estudo, a divulgación, defensa do Medioambiente e a promoción dun cambio posible e necesario, da relación do ser humano coa Natureza actuando para promover un modelo sostible, de ahí xurde o nome da asociación, Sustinea.

 

Como traballamos?

Sustinea conta de xeito estable cun equipo multidisciplinar de profesionais tituladas/os con grande experiencia no desenvolvemento de cada programa e actividade. A formación continua, a innovación, a creatividade e a implicación do equipo de persoas que forman Sustinea, constitúen as bases do noso Proxecto.

A repartición de funcións realízase a partir do tipo de tarefa, o perfil da persoa e as súas preferencias persoais e profesionais, xogando un papel fundamental a comunicación e coordinación interna entre os diferentes membros do noso equipo.

Todo o equipo humano está altamente motivado e implicado co colectivo e participa activamente en actividades, formacións, programas para actualizarse e poder dar resposta axeitada á diversidade de accións que se lles demanda e á ampliación dos seus ámbitos de traballo.

 

This is why I don't buy resell! 1, they're ridiculously over priced. like 300 for Jordan 1's which retail for £89 in footlocker gs size! And secondly they're most probably fake

 

Rexistros nos que nos atopamos

Sustinea atópase inscrita nos seguintes Rexistros:

- Rexistro Nacional de Asociacións.

- Censo de Entidades Xuvenís e Prestadora de Servizos á Xuventude.

- Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria de Galicia.

- Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia.

- Rexistro de Entidades Cidadáns do Concello de Ourense.

- Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.