Sustinea participa no Encontro Asociativo Xuvenil en Ourense

Sustinea estará presente este venres 14 de marzo, no Encontro Xuvenil "A Xuventude Móvese" que se desenvolverá no Espazo Xove de Ourense.

Este encontro asociativo pretende configurarse como unha xornada valiosa para a promoción dos recursos ofrecidos desde o departamento de xuventude do executivo autonómico e o nivel de penetración dos programas ofertados.

A idea base, é agrupar durante un día ás entidades xuvenís e axentes vinculados á mocidade da área de influencia do Espazo Xove de Ourense.

Participaremos ademais, nunha das actividades máis relevantes da xornada: O Faladoiro, que pretende ser un punto de encontro entre axentes vinculados á mocidade. Durante cada intervención amosaremos a nosa visión particular sobre a importancia da educación non formal e a participación como catalizadores na mellora da empregabilidade e o estímulo da actitude emprendedora da xuventude:

TÍTULO: Cara o emprego e o emprendemento desde a participación.

PARTICIPANTES:
 

  • Ovidio Rodeiro: Ponente inicial e moderador (Director Xeral de Xuventude e Voluntariado)
  • Ignacio Armesto (Director da Área de Emprego da Universidade de Vigo)
  • Paulo Vázquez  (Responsable da asoc. Sustinea)
  • Manuel Araújo (Responsable OMIX Ribadavia)
  • Luis Peña (Emprendedor)

 
CRONOGRAMA

10:30 Inauguración Salón de actos
11:00 Visita a zona expositiva Zona exposición
11:30-13:00 Faladoiro Salón de actos
13:00-14:00 Taller de Ideas Salón de actos
11:00-13:30 Encontro territorial informadores xuvenís Sala de Video
16:30 Erasmus+ Sala de Video
17:30 Taller de ideas: Iniciativa Xove Sala de Video
18:30 Encontro de boas prácticas Sala de Video
19:30 Clausura Zona Expositiva

Ao longo de toda a xornada haberá actividade paralelas de animación impulsadas polas entidades participantes aínda sen confirmar

 

Etiquetas: 

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.