Sustinea selecciona a 8 persoas para facer prácticas en Portugal e Italia

Dende Sustinea este ano levaremos a cabo dentro do Programa de Mobilidade Europea “Galeuropa”, convocado pola DXXV, con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil, cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo, un programa de prácticas en Lisboa e Aveiro (Portugal) e Recanati (Italia). Buscamos a 8 persoas menores de 30 anos, interesadas en desenvolver unha experiencia de mobilidade formativa e profesional en organizacións e entidades da capital lusa e italiana durante catro meses, de xullo a novembro do 2016.

Os beneficiarios e beneficiarias desta iniciativa, que se realiza ao abeiro do Programa Galeuropa da Xunta de Galicia e coa colaboración coa asociación lusa A.S.P.E.A (Asociación Portuguesa de Educación Ambiental) e a italiana Centro Culturale Fonti San Lorenzo.
 
Presentación de candidaturas ata o 13 de xullo ás 14:00
 
Para poder optar a unha destas bolsas de mobilidade é preciso ser menor de 30 anos e estar inscrito, ou estar en disposición de facelo, no Sistema de Garantía Xuvenil. As persoas seleccionadas terán apoio económico suficiente para a cobertura dos gastos da viaxe ida e volta, aloxamento, manutención, transportes urbanos e seguro de accidentes e responsabilidade civil.
 
Ademais, de forma previa á viaxe terán unha pequena formación de saída e un curso de formación lingüística en Portugués e Italiano.

Unha vez en Lisboa, Aveiro ou Recanati, as persoas elixidas terán toda a información a súa chegada e o apoio de unha mentora en cada cidade que as acompañará na chegada, ademais de apoialas nos trámites administrativos, con reunións periódicas ata a finalización do período de mobilidade. Tamén terán atención, apoio e acompañamento por teléfono e correo electrónico por parte de SUSTINEA ao longo de todo o proceso. Para rematar, os beneficiarios e beneficiarias participarán en seminarios sobre oportunidades e programas de mobilidade europea e inserción laboral.

As solicitudes poden presentarse por correo electrónico ata o 13 de xullo de 2016 ás 14.00 h e deben incluír, ademais dun curriculum vitae o documento de ser beneficiario/a do Sistema de Garantía Xuvenil, unha carta de motivación na que aparezan os datos persoais, a formación e experiencia do/a solicitante, as súas competencias, as motivacións para vivir esta experiencia de mobilidade, as expectativas e intereses e as preferencias en relación ás entidades de prácticas.
 
As persoas interesadas nesta convocatoria poden solicitar máis información no seguinte enderezo: info@sustinea.org

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.