
"estades aí? co fume non podía ver nada! ... pasou todo moi rápido, comezamos a cheiralo e de súpeto estabamos rodeados de lume, dun chouto saimos disparados da zona, eu asusteime e corrín tanto tanto tanto..."
Co apoio do Grupo de Desenvolvemento rural Limia Arnoia GDR 10 estamos realizado unha campaña de sensibilización ambiental nos centros escolares na que achegamos a problemática dos incendios forestais.
Empregando o conto como ferramenta facémoslle ver que o monte é responsabilidade de todas as persoas cunha mensaxe positiva que os convirta en parte da solución.
Eu conto, ti contas, ... todas contamos!
Engadir un novo comentario