Un café con, este xoves 1 de febreiro con Joao Frade

Queres ter unha nova visión de diferentes temáticas dun xeito ameno e cercano para ti?
 
Se é así, convidámoste a unha nova cita os primeiros xoves de mes, nun local diferente da cidade de Ourense. 

Será a nosa nova actividade, chamada "Un café con...", que consta de pequenos encontros con persoas que teñan algo interesante que contar e queiran compartir connosco os seus coñecementos ao redor dunha taza de té ou café, que os fará máis cercanos e promoverá o intercambio de opinións.
 

Este xoves día 1 de febreiro a cita será no local de O'Renque ás 20h con João Frade psicólogo ambiental, que nos falará sobre o seu significado e moitas cousas máis.
 
Agardámoste neste novo espazo para compartir ;)

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.