
O mes de abril comezámolo co Un café con... no Café-Bar Faíscas, nesta ocasión con Rafael Manzano, unha persoa anónima e ao mesmo tempo moi coñecida polas usuarias/os da zona vella da cidade de Ourense; con moito que contar da súa vida, narrada dun xeito que nos envolveu ás 18 persoas que alí estivemos escoitando sen perder detalle. Un relato motivador, que da positividade e axuda ver a vida dun xeito máis sinxelo do que as veces pretendemos facela.
Se nesta ocasión non puideches asistir, tes a seguinte cita o xoves 3 de maio ás 20:00h. Xa iremos informando do lugar e con quen tomaremos o café.
Engadir un novo comentario