Un café con...María (O Roupero do Tatán)

Qué mellor maneira de comezar o mes que compartindo as nosas inquedanzas cunha persoa concienciada e responsable cos seus actos!
 
Onte, 1 de marzo, tivemos o pracer de tomar un café/té na tetería Grândola con María (O Roupeiro do Tatán), todo un exemplo a seguir nesta nosa sociedade consumista e narcisista, na que o único que importa é seguir a moda colectiva, non a moda afín aos teus principios e aos teus gustos individuais.
 
A través da súa facilidade coas verbas, sendo obvios os seus estudos en comunicación, levounos por un percorrido marabilloso no que entendemos os porqués desta iniciativa. Quen non se preguntou algunha vez de onde veñen as prendas que mercamos? É xusto o prezo que pagamos con respecto ao que os obreiros cobran? Hai explotación infantil detrás? E que hai da contaminación? E do maltrato animal?... Pode haber moda ética e que, ao mesmo tempo, sexa bonita?
 
Estas mesmas cuestións foron as que se lle plantexaron a María  hai uns anos. E así naceu o Roupeiro do Tatán. Un comercio situado na Praza do Ferro, en Ourense, no que atoparemos todo tipo de deseños fermosos e que poden denominarse éticos, tanto a nivel ambiental, como a nivel social!
 
Ademais, María non só vende, senón que está tan informada, que aínda nunha actividade distendida foi quen de darnos unha "masterclass" sobre o lugar de orixe dos tecidos, os mateirais dos que proceden, o tempo de degradación dos mesmos, marcas éticas, análise do mercado de moda ética a nivel local e nacional.... A ortiga, o bambú... só algunhas das últimas novidades na moda sostible. Tecidos agradables, deseños elegantes... Todo moi coidado para a satisfacción dun consumidor responsable e concienciado. Sen dúbida toda unha profesional do sector e unha persoa incrible.
 
Moitas grazas María por regalarnos un anaquiño do teu tempo e permitirnos coñecer as realidades alternativas para un mundo máis sostible.
 

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.