Voluntariado ambiental na "Ciudad de los Muchachos"

recuperación, circo, medioambiente, voluntariado

 
Precisamos voluntarios/as para actividades encamiñadas á recuperación patrimonial e ambiental do antigo Circo dos Muchachos, na cidade de Bemposta de Ourense.

Buscamos dous perfiles diferenciados:

1- Por unha banda precisamos de 1 ou 2 persoas para realizar tarefas de coordinación das actividades. PERFIL: experto/a en xardiñería e/ou traballos forestais, para poder desenvolver unha pequena formación teórica de 6 horas para un grupo de 10 voluntarios/as que participarán neste proxecto, e labores prácticas de recuperación e mellora da zona exterior do antigo Circo dos Muchachos en Bemposta durante os meses de marzo e abril.

2- Por outra banda precisamos voluntarios/as para participar nas labores de recuperación.

OS/AS QUE ESTEDES INTERESADOS/AS POÑEDEVOS EN CONTACTO no voluntariado.ambiental@sustinea.org para organizar a citada actividade.
A vosa colaboración é de gran valor para nós.

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.