
Sustinea e a Asociación Xuvemprende de Puxedo queren promover o desenvolvemento sostible dos espazos naturais vencellando o patrimonio ambiental ao cultural, etnográfico e histórico mediante a participación voluntaria das veciñas e persoas interesadas en coñecer, conservar e por en valor os nosos espazos naturais protexidos.
Días: 8, 9 e 10 de Setembro.
Obxectivos:
As actividades que se desenvolverán no Voluntariado Ambiental de Puxedo son as seguintes:
- Recuperación de elementos patrimoniais, como é o Muíño que forma parte do roteiro etnográfico do Puxedo. Serán actividades encamiñadas á recuperación de elementos de interese etnográfico, histórico e cultural vencellados ao medio natural e actividades que impliquen a participación das veciñas.
- Mellora da paisaxe e da accesibilidade con actuacións e acondicionamento do roteiro a carón do río Mao.
Actividades complementarias:
- Actividades encamiñadas a coñecer os valores do Parque Natural Baixa Limia- Serra do Xurés, motivo da súa especial conservación. Seguemento e identificación de fauna e flora.
- Dinámicas que buscan a sensibilización ambiental e o contacto directo coa natureza.
O voluntariado inclúe:
-Desprazamento dende Ourense.
-Manutención.
-Aloxamento no refuxio de montaña de Alvite.
-Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
Organizan: Sustinea e asociación Xuvemprende de Puxedo.
Os puntos de quedada serán en Ourense na Estación de Autobuses ás 12h ou no refuxio de montaña de Alvite ás 14:00.
Para máis información:
Sustinea 988 782 964
Engadir un novo comentario