Galería de Imaxes

Unha imaxe vale máis que mil palabras, e por iso, amosámoste o que estamos a facer.

  • Fin de semana estupenda no Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés para finalizar o programa Coñece o Xurés financiado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado en colaboración do Concello de Muíños.
     
    Estade atentas/os ás nosas redes sociais, pois en breve sairán máis programas para P.N. de Enciña da Lastra, Invernadeiro e Xurés.
     
    Lembrade que tamén temos aberto o Xuventur 2017 https://goo.gl/Gexp7Q
     
    Vémonos polas montañas ;)

  • Este sábado estivemos levando a cabo o , neste caso adicado á elaboración de produtos para a hixiene do noso fogar, en colaboración coa Omix O Pereiro.

  • Onte desfrutamos dunha xornada agradable na Horta da Alfádega, rodeados de compañeiras, xente que achegou a coñecer o proxeto, persoas que queren colaborar e aprender, risas, un día soleado, obradoiros, ioga, etc. Todo para darlle a benvida oficial á Horta da Alfádega.

Páxinas