Galería de Imaxes

Unha imaxe vale máis que mil palabras, e por iso, amosámoste o que estamos a facer.

  • Onte desfrutamos dunha xornada agradable na Horta da Alfádega, rodeados de compañeiras, xente que achegou a coñecer o proxeto, persoas que queren colaborar e aprender, risas, un día soleado, obradoiros, ioga, etc. Todo para darlle a benvida oficial á Horta da Alfádega.

  • Este sábado estivemos levando a cabo o 1º Obradoiro de Plantas Mediciñais, neste caso adicado á creación do noso Botiquín Natural, en colaboración coa Omix O Pereiro.

  • Hoxe festexamos o Día Mundial do Medioambiente, facendo unha boa valoración do día de onte, onde festexamos o II ECO Mercado de Pereiro de Aguiar. Xa sabedes que este mes de maio, Sustinea o adicou ás alternativas para o cambio, e mostrar ás produtoras de ecolóxico que existen na nosa provincia e facilitar o consumo dos seus produtos é unha delas.
     
    Contentas e motivadas, dende Sustinea continuamos a nosa labor hoxe Día do Medioambiente e os outros 364 días restantes.

Páxinas