Durante esta fin de semana centrámonos no coñecemento e divulgación da fauna local de anfibios e reptis desta parte da Serra de Pena Corneira, unha das áeras herpetodiversas da comarca do Ribeiro- Carballiño, que conta con 21 especies, das cales puidemos observar durante estes dous días 12 delas.
Esta actividade permitiunos coñecer a bioloxía, a diversidade, a situación e a distribución dos anfibios e reptis da Serra.
Galería de Imaxes
Unha imaxe vale máis que mil palabras, e por iso, amosámoste o que estamos a facer.
-
-
Durante a fin de semana do 22 e 23 de setembro puidemos achegarnos ás técnicas de mostreo de mamíferos en Pena Corneira. Ao longo de dous días descubrimos os rastros que deixan os diferentes tipos de mamíferos no terreo. Aprendimos a empregar as trampas non invasivas de pelo, pegadas e o fototrampeo.
O domingo vimos como facer seguimento de micromamíferos mediante a análise de egagrópilas e dos ósos que nela se atopan.
Aquí podemos ver unha mostra de todo isto. -
A fin de semana do 8-9 de setembro desenvolveuse no Monumento Natural de Pena Corneira o I Monográfico de mostreo de fauna salvaxe adicado aos morcegos.
Retro Jordan 12 went to scholl and a friend of mine told me there fake because I was showing dem off for show and tell(this was in 2ed gradeDurante a actividade puidemos coñecer máis sobre o comportamento, importancia e técnicas de captura para o estudo dos quirópteros. Para esta fin, instalamos redes axeitadas e empregamos detectores de ultrasons para recoñecer a súa presenza. Unha vez capturados puidemolos identificar e recoller os datos pertinentes.
A xornada do domingo serviunos para a realización de caixas morcegueiras e a súa colocación en Pena Corneira o que lles permitirá aos morcegos recurrir a elas como refuxio e a nós seguir a súa evoloción e o seu estudo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- seguinte ›
- última »
Comentarios recentes